miércoles, noviembre 15, 2006

PRIMEIROS TRABALLOS CON SOFT GLASS.
No pasado mes de Outubro a firma Arenart presentou o seu novo producto: O Soft Glass. Nesta primeira entrada referida a este representado e a este producto quero amosar estes traballos que corresponden a clientas que foron ó curso que se celebrou daquela en Compostela.
Penso que a baixa calidade das fotos non oculta as grandes posibilidades decorativas, os excepcionais acabados o interese que ten o Soft Glass.
É un producto que, ben empregado, acada unha dureza extrema o que permite incrustarlle pedras, abalorios, mosaicos e todo o que a nosa imaxinación nos indique. Esto nos permite, por exemplo, elaborar bisutería con garantía de durabilidade e tamén de máxima orixinalidade.