lunes, agosto 25, 2008

CURSO ARENART
Quérovos anunciar a celebración do próximo curso de Arenart para o próximo 5 de Outubro. O lugar, como ven sendo habitual, será o Hotel Congreso. Fareivos chegar horarios e programa en canto o teña.
¡Ide gardando a data!(sabedes que sempre paga a pena)

viernes, julio 11, 2008

NOVA WEB DE SCHMINCKE
A firma Schmincke ven de presentar a súa nova web. Convídovos a que disfrutedes cos vídeos que se poden ollar na pestana Schmincke-Media. Sorprende a sinxeleza coa que se produce un artículo tan altamente especializado.
Proceso de fabricación das acuarelas.
Pódese comprobar como nas acuarelas Horadam o proceso de encher os godets se produce en varias etapas entre as que se realiza un repouso nunhas condicións climáticas constantes. A disminución de volume que se produce por evaporación e compensada co novo recheo. Isto garante que o que temos no godet e un producto puro, pigmento máis unha mínima cantidade de aglutinante. Non se producen prensados. A consecuencia: cando apoiemos o pincel lixeiramente mollado recolleremos inmediatamente a cor sen ter que “restregar”.
Proceso de fabricación do pastel.
Non é menos interesante como se produce o pastel. O que compón este producto e un pigmento de primeira calidade con unha mínima cantidade de aglutinante. Non se engade tiza, moi empregada para darlle consistencia. Isto dalle unha grande suavidade e unha altísima capacidade colorística. A súa delicadeza fai que teña que etiquetarse a man.
Agardo que vos resulte interesante!!

jueves, febrero 14, 2008

miércoles, febrero 13, 2008

NOVAS PLANTILLAS BRICO
A firma Bricomoldur ven de presentar o seu novo catálogo de plantillas.
Incorporan unha nova medida 13x30cms. Si non recibes o catálogo podes solicitalo nos teléfonos de costume.

Estas son realmente as novidades. De seguido vos poño algunha das follas do novo catálogo anque con modelos xa coñecidos.






























domingo, enero 13, 2008

ARENART: NOVO CATALOGO E NOVA PÁXINA WEB
Ben, o novo catálogo de Arenart está resultando de grande aceptación no mercado. Podedes solicitar o voso catálogo pero tamén podedes visitar a renovada páxina da empresa. Non vos vai defraudar.
www.earenart.net
FEIRA MANUAL 2008
Arenart confirma a asistencia ao certamen anual do sector das manualidades e belas artes Manual na sua edición de 2008.
O recinto será como ven sendo habitual nos últimos anos o "Palacio de Congresos" antigo(sito na Castellana frente ao estadio do Real Madrid).
As datas son 18, 19 e 20 de Xaneiro de 2008.
Será unha ocasión estupenda para repasar todas as novidades presentadas no fin do 2007 das distintas firmas pero nomeadamente as correspondentes a Viva Decor.
¡Vémonos en Madrid!


NOVEDADES BRICO
A fins de Xaneiro estarán dispoñibles os novos stencils da firma Brico:
OS MAXI STENCILS
Estes vistosos stencils amosan un diseño vangardista que encaixará nas decoracións máis actuáis.





Tamén se presentan novos modelos de papel de decoupage:




Anque, como digo, non estarán dispoñibles ata fin de Xaneiro podemos pasar pedidos dende agora mesmo.
Recorda que podes contactar conmigo no 616 402840
ou no email edgarnunezsantos@gmail.com ou no fax 981 890250.