viernes, julio 11, 2008

NOVA WEB DE SCHMINCKE
A firma Schmincke ven de presentar a súa nova web. Convídovos a que disfrutedes cos vídeos que se poden ollar na pestana Schmincke-Media. Sorprende a sinxeleza coa que se produce un artículo tan altamente especializado.
Proceso de fabricación das acuarelas.
Pódese comprobar como nas acuarelas Horadam o proceso de encher os godets se produce en varias etapas entre as que se realiza un repouso nunhas condicións climáticas constantes. A disminución de volume que se produce por evaporación e compensada co novo recheo. Isto garante que o que temos no godet e un producto puro, pigmento máis unha mínima cantidade de aglutinante. Non se producen prensados. A consecuencia: cando apoiemos o pincel lixeiramente mollado recolleremos inmediatamente a cor sen ter que “restregar”.
Proceso de fabricación do pastel.
Non é menos interesante como se produce o pastel. O que compón este producto e un pigmento de primeira calidade con unha mínima cantidade de aglutinante. Non se engade tiza, moi empregada para darlle consistencia. Isto dalle unha grande suavidade e unha altísima capacidade colorística. A súa delicadeza fai que teña que etiquetarse a man.
Agardo que vos resulte interesante!!

No hay comentarios: